ingredientes:
- 3 cebolas
- 2 ramas apio
- 1/2 porro (optativo)
- 1 cabaza pera ( ou calquera outra cabaza, o anaco a utilizar proporcional)
- sal
- aceite oliva
- 1/2 culleriña noz moscada ( opcional)
Procedemento:
cortar as cebolas, (porro), apio e sofritir cun chorro de aceite oliva e sal e a (noz moscada)
cando a cebola comece a pocharse engadir a cabaza pelada e cortada en anacos,
se a cabaza ten a pel branda non fai falla pelala.
engadir auga ata cubrir e deixar a lume lento ata q a cabaza estea branda.
Media hora ou 40 minutos ten q ser suficiente.
para a crema unha vez lista pásalle a batidora. Se a prefires máis liquida soamente tes q engadirlle máis auga e cociñar uns minutiños máis. Probar para ver se ten suficiente sal para o teu gusto.
se queres unha sopa só tes q olvidarte da batidora e cortar todo en anacos máis pequenos.
¡a disfrutala!
- Clique Iniciar Sessão ou registar-se para colocar comentários
Comentários recentes
3 anos 37 semanas atrás
3 anos 47 semanas atrás
3 anos 48 semanas atrás