a filosofía dos dereitos animais. 10 razóns. tom reagan.

1- Racional
Non é racional discriminar arbitrariamente. E a discriminación contra os animais non-humanos é arbitraria. Está mal maltratar aos seres humanos mais febles, especialmente a aqueles cun coeficiente mental inferior ao considerado normal, como "ferramentas" ou "recursos renovables" ou "modelos" ou "mercadorías". Non pode ser correcto, polo tanto, tratar aos outros animais coma se foran "ferramentas", "modelos" e cousas polo estilo, se a sua psicoloxía é tan rica (ou maior que) a deses humanos. Pensar doutro xeito é irracional.
 
"Describir un animal coma un sistema físico-químico de extrema complexidad, é sen dúbida perfectamente correcto, excepto porque desaparece a "animalidade" do animal”. E.F. Schumacher
 
2- Científica
A filosofía dos dereitos animais é respetuosa coa nosa mellor ciencia en xeral e coa bioloxía evolutiva en particular. A última enseña é que, en palabras de Darwin, os humanos diferencianse de moitos outros animais "en grao", non en xénero. Cuestións fundamentais que se inclinan cara un lado, é obvio que os animais usados en laboratorios, criados para comida e cazados por pracer, por exemplo, teñen o noso tipo de psicoloxía. Isto non é fantasía, isto é un feito, probado pola nosa mellor ciencia.
 
"Non existen diferencias fundamentais entre os humanos e os grandes mamíferos nas suas facultades mentais." Charles Darwin
 
3- Desprexuiciada / Imparcial
Os racistas son persoas que pensan que os membros da súa raza son superiores aos membros doutras razas simplemente porque o primeiro pertence á ("superior") sua raza. Os sexistas creen que os membros do seu propio sexo son superiores aos membros do sexo oposto simplemente porque o primeiro pertence ao seu propio (o "superior") sexo. Tanto o racismo coma o sexismo son insoportablessimplemente porque os seres humanos pertencen á súa propia (a "superior") especie. Dado que non hai especies superiores. Pensar doutro xeito, implica ser non menos prexuicioso que un racista ou un sexista.
 
"Se podes xustificar matar para comer carne, pode xustifica-las condicións do gueto. Eu non podo xustificar ningunha das dúas". Dick Gregory
 
4- Xusta
A xustiza é o principio mais elevado da ética. Non estamos para cometer ou permitir inxustizas para que o bo poida vir; non estamos para viola-los dereitos duns poucos para que a maioría poida beneficiarse. A escravitude permite isto. O traballo infantil permite isto. A meirande parte dos exemplos de inxustiza social permiten isto. Pero non a filosofía dos dereitos animais, que ten como principio mais elevado a xustiza. Ninguén ten dereito a beneficiarse dos paradigmas de intolerancia. As diferencias raciais e sexuais son biolóxicas, non son diferencias morais.O mesmo vale para o "especismo", a visión de que os membros da especie Homo sapiens son superiores aos membros de tódalas demás especies como resultado da violación dos dereitos doutro, tanto si o "outro" é un ser humano ou calquera outro animal.
 
"As razóns para a intervención legal a favor dos nenos aplícase coa mesma forza no caso destes desafortunados escravos - os (outros) animais". John Stuart Mill
 
5- Compasiva
Unha vida humana completa demanda sentimentos de empatía e simpatía -nunha palabra, compasión - para as víctimas das inustizas sexan humanas ou outros animais. A filosofía dos dereitos animais solicita, e a sua aceptación promove o crecemento da virtude da compaixón. Esta filosofía é, en palabras de Lincoln, "o camiño dun ser humano completo."
 
"A compaixón na acción pode ser a gloriosa posibilidade que podería protexe-lo noso multitudinario contaminado planeta". Victoria Moran
 
6- Xenerosa
A filosofía dos dereitos animais demanda un compromiso para servir a aqueles que son febles e vulnerables aqueles que, sexan humanos ou outros animais, carecen da habilidade para falar e defenderse por sí mesmos, e quen está en necesidade de protección contra a avaricia humana e a dureza. Esta filosofía require este compromiso, non porque sexa do noso propio interés da-lo, senon porque é correcto face-lo. Esta filosofía polo tanto fai un chamamento, e a sua aceptación promove o crecmento, do servicio xeneroso.
 
"Necesitamos unha filosofía moral onde o concepto de amor, tan raramente mencionado hoxe en día polos filósofos, poida ser central unha vez más". Iris Murdoch
 
7- Propiciadora da realización persoal
Tódalas grandes tradicións na ética, relixiosas e seculares, enfatizan a importancia de catro cousas: coñecemento, xustiza, compaixón, e autonomía. A filosofía dos dereitos animais non é una excepción. Esta filosofía ensina que as nosas eleccións deberían basearse no coñecemento, deberían ser expresivas da compaixón e a xustiza, e deberían facerse libremente. Non é fácil lograr estas virtudes, ou controlar as inclinacións humanas cara a avaricia e a indiferencia. Pero unha vida humana completa é imposible sen elas. A filosofía dos dereitos animais fai un chamamento a ambas, e a sua aceptación promove o crecemento da realización dos propios desexos.
 
"A humanidade non é un precepto externo morto, senón que se trata dun impulso vivo dende adentro, non un auto-sacrificio, senón unha auto-realización dos desexos propios". Henry Salt
 
8- Socialmente progresiva
O maior impedimento para a prosperidade da sociedade humana é a explotación doutros animais en mans humanas. Isto é verdadeiro no caso de dietas non saudables, da confianza habitual no "modelo animal enteiro" na ciencia, e das moitas outras formas que a explotación animal toma. E isto, por exemplo, é tan verdadeiro como a educación e a publicidade, as cales axudan a diminui-la psique humana fronte ás demandas da razón, a imparcialidade, a compaixón e a xustiza. En todos estes camiños (e mais), as nacións quedan profundamente atrasadas porque fallan en servi-los verdadeiros intereses dos seus cidadáns.
 
"A grandeza dunha nación e o seu progreso moral pode xulgarse polo xeito en que trata aos seus animais". Mahatma Gandhi
 
9- Ecolóxicamente prudente
A maior causa da degradación medioambiental, incluindo o efecto invernadeiro, a contaminación da auga, e a perda da terra cultivable e o humus, por exemplo, pode atopa-la sua orixe na explotación dos animais. Este mesmo modelo existe ao longo do ancho rango de problemas medioambientais, dende a choiva ácida e a acumulación de residuos tóxicos no mar, á contaminación do aire e a destrucción do hábitat natural. En todos estes casos, actuar para protexer os animais afectados (quen, despois de todo, son os primeiros en sufrir e morrer desas enfermidades medioambientais), é actuar para protexe-la terra.
 
"Ata que establezamos un compasivo sentido de parentesco entre a nosa propia especie e aqueles mortais compañeiros que comparten con nós o sol e a sombra da vida sobre este agonizante planeta, non haberá esperanza para outras especies, non haberá esperanza para o medioambiente, e non haberá esperanza para nós mesm@s." Jon Wynne-Tyson
 
10-Pacífica
A demanda fundamental da filosofía dos dereitos animais é tratar aos humanos e a outros animais con respeto. Face-lo require que non danemos a alguén só porque nós mesm@s ou outr@s poida beneficiarse. Esta filosofía polo tanto é totalmente oposta á agresión militar. É unha filosofía de paz. Pero é unha filosofía que extende a demanda de paz mais alá dos límites da nosa especie. Dende que hai unha guerra que se produce, tódolos días contra milleiros de animais non-humanos. Estar verdaderamente a favor da paz é estar firmemente en contra do especísmo. É unha expresión de desexos creer que pode haber "paz no mundo" se non podemos traer paz á nosa relación con outros animais.
 
"Se por algún miragre en toda a nosa loita a terra salvase do holocausto nuclear, só a xustiza de cada organismo viviente salvará á humanidade". Alice Walker



Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.