ingredentes:
- 1 vaso de quinoa[?]
- 2 cebolas
- 4 allos
- prixel
- 1 pemento
- 3 cenouras
- pan relado
- shoyu[?], curry[?], pementa, pimentón
- sal, aceite
procedemento:
por un lado cocer a quinoa con bastante auga con sal
picar a cebola, pemento e sofritir nunha tixola cun chorro aceite e salar, engadir a cenoura picadiña e machacar nun morteiro o allo, prixel cun pouco de aceite.
cando a cebola vaiase pochando engadir o allo e o prixel majado, deixar cociñar a lume alto e remexendo de cando en vez. Coa cebola dourada engadir as especies... curry ( 1 culleriña), pimentón (1 culleriña), e pementa rezén moída.
remexer e apagar o lume
por outra banda a quinoa cocida ( saberemos q está porque deixa de verse o punto branco do centro e ábrese a espiral) a escurrimos e a lavamos seguidamente botámoslle shoyu e un pouquiño curry e misturar bem.
misturar a quinoa co sofrito e poñer o lume un par de minutos. Deixar enfriar e engadir pan relado ata q o facer unha bola coas mans non se desfaga
Deixar repousar a masa e gardar na neveira ( canto máis tempo mellor)
Facelas a plancha cunha pizquina de aceite e listo!
- Clique Iniciar Sessão ou registar-se para colocar comentários
Comentários recentes
1 ano 43 semanas atrás
2 anos 1 semana atrás
2 anos 2 semanas atrás