alimentación e nutrición

convén distinguir entre alimentación e nutrición.

Chámase alimentación ao acto de proporcionar ó corpo alimentos e inxerilos. É un proceso consciente e voluntario, e polo tanto está nas nosas mans modificalo. A calidade da alimentación depende principalmentede factores económicos e culturais.

Enténdese por nutrición o conxunto de procesos fisiolóxicos polos cales o organismo recibe, transforma e utiliza as sstancias químicas contidas nos alimentos.É un proceso involuntario e inconscente que depende de procesoscorporais como a dixestión, a absorción e o transportedos nutrintes dos alimentosata os tecidos.

O estado de saúde dunha persoa depende da calidade de nutrición da células que constitúen os seus tecidos. Como é bastante dificil actuar voluntariamente nos procesos de nutrición, se queremos mellorar o noso estado nutricionalsó podemos facelo melllorando os nosos hábitos alimenticios.

Malia todo non hai tma máis controvertido no campo da dietética que o de fixar unhas referenciasque se acepten universalmentesobre cal debe ser a dieta óptima para o ser humano.Por unha parte cada grupo étnico ten un comportamento a nivel nutricional tan diferente coma o seu tipo de pelo ou de pel. Por outra os alimentos son diferentes en cada parte do globo.

O único no que todo o mundo está de acordo é que unha dieta equilibrada é aquela que contén tódolos alimentos necesariospara conseguir un estado nutricional óptimo. A alimentación debe cubrir os seguintes obxetivos:

- Aportar unha cantidade de nutrintes enerxéticos ( calorías) que sexa suficiente para levar a cabo os procesos metabĺicos e de traballo físico necesarios. Nin máis nin menos.

-Suministrar suficientes nutrintes con funcións plásticas e reguladoras (proteínas, minerais e vitaminas). Que non falten pero que tampouco sobren.

- Que as cantidades de cada un dos nutrintes estean equilibradas entre si.

1.- As proteínas deben supoñer un 15% do aporte calórico total, non sendo nunca inferior a cantidade total de proteínasinxeridas a 0,75g/día.

2.-Os glúcidos aportarános polos menos un 55-60%do aporte calórico total.

3.- Os lípidos non sobrepasarán o 30% das calorías total inxeridas.

Algo en principio moi sinxelo, pero que aínda hoxe perseguen catro quintas partes da humanidade.

 

continuará....




Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.