Asado de patacas e berenxena

ingredientes:

600 g de patacas

6- 7 berenxenas pequenas- medianas

4 cebolas

aceite oliva

2 vasos viño branco

1 cullerada de romeu e xarxa(salvia) moídas

pementa branca, sal

zume de 2 limóns

procedemento:

poñer nunha bandexa para forno a cebola cortada, a patacas en rodaxas, e berenxena en rodaxas planas, salpimentar ao gusto.

engadir o viño, especias e o zume limón

fornear a 180º durante 40min aproximadamente, remexer de vez en cando e botar máis liquido se é necesario(auga ou viño)

se vos gostan os chícharos seguro q quedabánlle moi ben

No votes yet



Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.