bolinhas de tofu e verduras

warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.

ingredentes:

500 g de cenouras ou espinacas

300 g de tofu[?]

150 g de gofio trigo ou fariña tostada

aceite para fritir

1 guindilla grande

2 ctas cilantro[?] moido

sal

procedemento:

meter na picadora as verduras q utilizes, se usas espinacas ou acelgas[?] podes facelas ao vapor un rato antes e despois picalas .

quentar o aceite nunha tixola, botar a guindilla e o cilantro. Pasados uns instantes botar as verduras remexer e tapar, deixar a lume lento  5 min. A continuacion destapar, dar unhas voltas e subir o lume ata q a maioria do liquido se evapore; engadir o tofu esnaquizado e misturar. Deixar uns minutos e apagar. Botar o gofio, se non tes, podes tostar fariña nunha tixola a lume lento remexendo a miudo.

posteriormente unir moi ben todos os ingredientes, deixar enfriar, mellor se queda na neveira 1 h ou mais antes de utilizala.

Facer boliñas coa masa e fritir en aceite quente....

 

No votes yet



Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.