Cous-cous (para acompañar)

Ingredentes:

  • Graus de cous-cous integrais (se non ficará moi pastoso)
  • Auga fervendo
  • Especias: tomelo ou curry
  • Sal
  • Tamari (salsa de soia)

Preparación:

Colocamos unha medida de cous-cous nun recipente, botamos as especias o sal, e se temos un chorriño tamar, misturamos un pouco. Agardamos a ter auga fervendo, e botamos enriba (que cubra e un pouco máis, enredor a un 10% de máis do volumen do cous-cous). Tapamos e agardamos 5 minutitos... e listo!

Podemos tomalo xunto cun sofrito de verduras, unha ensalada, con falafel ...

Average: 4 (2 votes)



Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.