hamburguesas de avea

warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.

ingredentes: (sairían unhas 20 )

4 porros
4 cenouras medianas
1 ramiña de apio
1/4 de repolo pequeno
4 vasos de copos de avea[?]
pementa negra, pementón
sal, aceite oliva

se non tes repolo utiliza outra verdura, seguro q lle queda ben, a experimentar pues!!

 

preparación:

meter todos os ingredientes na picadora menos a avea , sal e especias.Con esas verduras ben picadas botalas nunha tixola cun chorriño de aceite de oliva e sal e deixar sofritir 15 minutos, un pouco antes de apagar o lume espolvorear con pementa negra e pimentón .

misturar as verduras coa avea remexendo ben cunha culler pau ou amasar un pouco coas mans ata obter unha masa compacta....e listo

darlle a forma de hamburguesa e facer a plancha para quentar e dorar suavemente, podes rebozalas con sésamo[?] tamén.

acompañar con verduras xa q chean bastante

Average: 5 (1 votar)



Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.