Mármore de Algarroba

warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.

Ingredientes:

1 vaso de leite de soia

200gr azucre

300gr fariña branca

½ vaso de aceite de
xirasol

raiadura 1 limón

Pizca de sal

Algarroba (aprox. 50 gr)

1 chorrillo de licor
(pacharán, mora, guinda…)

1 sobre de levadura
comercial

 

Preparación:

Encender o forno a 180ºC por riba e por baixo
xusto cando comencemos a facer o biscoito.

Misturar nun bol o aceite co azucre, con moito
amor.

Verter a leite e ralar a casca de limón (non
chegar á parte branca porque amarga) e engadir a pizca de sal.

Misturar a fariña coa levadura e logo co resto, mellor tamizando.

Engadir o chorrito de licor.

Separamos nun bol 5 culleradas grandes da
mistura que fixemos e engadimos a algarroba (3 culleradas, aprox. 50 gr).

Pintamos o recipiente con aceite de xirasol.

Bótase unha base da mistura branca e logo se
van facendo debuxos coa mistura de algarroba, así, capas e capas.

Adornamos con sésamo[?], avea[?], amendoas, noces,
avelás...

Chupamos os dedos!!

Antes de meter ao forno darlle un par de
bicos ao biscoito.

Depois de 45-50 minutos comprobar que está o biscoito feito cun coitelo ou palillo, ten que saír seco. Apagar o forno e deixar o biscoito dentro uns minutos por se fora necesario un pouco máis de cocción. 

Average: 4.3 (3 votes)



Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.