o medio ambiente

unha parte dos problemas medioambientais e sociais que afronta a humanidade están relacionados coa cría de 1.300 millóns de animais en explotacións gandeiras que ocupan case o 24% de toda a masa terrestre do planeta.

A destrucción de millóns de hectáreas de bosque virxe tropical en América central e América do Sur, para aumentar a área de pastizais, está provocando a desaparición de especies enteiras de prantas, así como ducias de especies de paxaros, mamíferos e reptiles. As técnicas empregadas pola gandería intensva causan a perda irreparable da capa fértil do chan.

Mentres a fame mata a millóns de persoas por carecer dos cereais que se adican para alimentar ao gando, outros tantos morren a causa das enfermidades que se xeneran co consumo de carne de animais alimentados a base de cereais. A práctica do veganismo é a orma máis directa de colaborar e protexer o medio ambiente; seguindo unha dieta vegana, por exemplo, gastamos menos do 10% da auga necesaria para alimentar a alguén que se alimente de carne.

- Para poder producir 1 k de proteína animal, neste caso de vacuno cebado, é necesario consumir 40 veces máis combustibles fósiles que producir un k de proteína de soia.

- Para producir 450g de vacuno alimentado con cereais gástase a enerxía equivalente a 4,5 l de gasolina.

- Producir tan só unha hamburguesa require suficiente petróleo para conducir un automóvil pequeno por 32 kilómetros.

- Na producción dun filete libérase a mesma cantidade de CO2 que un automóvil libera ao percorrer 40 km.

- para producir o mesmo filete precísase aproximadamente a auga equivalente a 17 duchas

- O gando mundial consume unha cantidade de alimentos equivalentes as necesidades calóricas de 8.700 millóns de persoas: máis que toda a poboación do mundo




Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.