Glossary


ouregosearch for term

O ourego[?] (Origanum vulgare) é unha planta labiada orixinaria de Europa, rexión mediterránea e Asia central e do sur. É unha herba perenne que chega a medir de 20 a 80 cm de alto, con follas opostas que miden 2 a 4 cm. de longo. As flores son brancas ou purpúreas, nacen en inflorescencias terminais moi ramificadas, estan protexidas por folliñas moi pequenas de cor vermello e miden 3-4 mm. O seu nome deriva do grego origanon (ὀρίγανον), de oros (ὄρος), "montaña” + o verbo ganousthai (γανοῦσθαι) "deleitarse con".
O ourego destaca polas súas propiedades medicinais, sendo as máis importantes as súa actividade antioxidante, antimicrobiana e, en estudos bastante primarios, antitumoral, tamén é considerada tónica e dixestiva




Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.