• warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.

Paté de Berenxenas (Baba Ghanoush)

 

Ingredientes:

2 berenxenas

Zume de medio limón

Aceite de Oliva

Comino moído

1 dente de allo

Tahini[?]

Sal

Pementa negra

 

Preparación:

Asamos as berenxenas e posteriormente quitamos
lle a pel (en vez de asar, pódense cocer).

Trituramos as berenxenas co zume de medio
limón, una cullerada de aceite de oliva, sal, pementa negra, un dente de allo,
2 culleradas de tahini e media culleriña de comino moído ata obter a
consistencia desexada.

 

No votes yet

Paté de Olivas

1 dente de allo

125 gr. de olivas sen óso (podemos empregar
verdes e negras á vez)

1 chorro de aceite de oliva virxe

Zume de medio limón

Romeu e Tomiño

 

Preparación:

moi fácil. Misturar e triturar todo coa batidora.

No votes yet

Paté de Tomate Seco

18 Tomates secos

Un chisco de améndoa moída

4 culleradas de aceite de oliva

Zume de medio limón

1 dente de allo grande

Auga tibia

 

Preparación:

Maceramos os tomates co aceite, polo menos una
hora antes.

Feita a maceración, misturamos os tomates en
aceite co zume de limón e o allo.

A continuación, engadimos auga tibia á mistura
anterior ata que quede coa consistencia que queremos.

E, por último, engadimos a améndoa ó noso
gusto (se non temos améndoa, podemos utilizar outro froito seco)

No votes yet

crema de cabaza

ingredientes:

- 3 cebolas

- 2 ramas apio

- 1/2 porro (optativo)

- 1 cabaza pera ( ou calquera outra cabaza, o anaco a utilizar proporcional)

- sal

- aceite oliva

- 1/2 culleriña noz moscada ( opcional)

Procedemento:

cortar as cebolas, (porro), apio e sofritir cun chorro de aceite oliva e sal e a (noz moscada)

cando a cebola comece a pocharse engadir a cabaza pelada e cortada en anacos,

se a cabaza ten a pel branda non fai falla pelala.

engadir auga ata cubrir e deixar a lume lento ata q a cabaza estea branda.

Media hora ou 40 minutos ten q ser suficiente.

para a crema unha vez lista pásalle a batidora. Se a prefires máis liquida soamente tes q engadirlle máis auga e cociñar uns minutiños máis. Probar para ver se ten suficiente sal para o teu gusto.

se queres unha sopa só tes q olvidarte da batidora e cortar todo en anacos máis pequenos.

¡a disfrutala!

Average: 4 (1 votar)

croquetas de lombarda

con estas proporcións sairán muitas coqretas... como 30 

ingredentes:

- 1 1/2 k de patacas

- 750 g de lombarda[?]

- 2 cebolas grandes

- 1 ramiña apio

- 4 dentes allo

- pan relado

- especias ( noz moscada, pementa negra, loureiro)

- aceite, sal

- leite de soia

procedemento:

 

cocer as patacas con pel e cunhas follas de loureiro e sal.

Por outra banda picar finamente  as cebolas e sofritilas nunha tixola con aceite e sal, pasados un minutos engadir o allo e o apio picado. Deixar dourar a cebola.

cando a cebola estea lista especiar con 1 culleriña de noz moscada e 1 pementa negra e salar máis se é necesario e reservar.

Cano as patacas estean cocidas, deixar enfriar e pelar, botalas nun recipiente e botar un chorriño de leite de soia, a cantidade xusta para poder facelas puré coa batidora.

unha vez feito o puré botalo ao sofrito e misturar moi ben, probar e correxir de especies ou sal. Deixar repousar e meter na neveira... mellor dun día pa outro.

o día seguinte coa masa, podes axudarte dunha culler para darlle forma de croqueta e rebozar en pan relado eee fritir en aceite moi quente.

canto máis reposen máis consistentes quedarán.

 

 

 

 

Average: 5 (3 votes)



Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.