• warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.

guiso de patacas con alga spaguetti

ingredientes:

800g de patacas

1 cebola grande

1 porro

4 cenorias

4 allos

spaguetti de mar

loureiro, pimentón

aceite, sal

 

procedemento:

 

sofritir a cebola e o porro. Engadir a cenoria picada e deixar un rato máis.Botar o pimentón e o loureiro, o allo picado, as patacas cortadas pequenas e as algas[?]. Deixar sofritir todo xunto, remexendo a miúdo durante uns minutos. Engadir auga ata cubrir. Deixar cocer a lume lento durante 30m

No votes yet

Asado de patacas e berenxena

ingredientes:

600 g de patacas

6- 7 berenxenas pequenas- medianas

4 cebolas

aceite oliva

2 vasos viño branco

1 cullerada de romeu e xarxa(salvia) moídas

pementa branca, sal

zume de 2 limóns

procedemento:

poñer nunha bandexa para forno a cebola cortada, a patacas en rodaxas, e berenxena en rodaxas planas, salpimentar ao gusto.

engadir o viño, especias e o zume limón

fornear a 180º durante 40min aproximadamente, remexer de vez en cando e botar máis liquido se é necesario(auga ou viño)

se vos gostan os chícharos seguro q quedabánlle moi ben

No votes yet

Seitan estilo Cova

Ingredentes:

  • 500gr de gluten[?]
  • 1/2 vaso aceite xirasol
  • 3 vasos de auga (enredor 750ml)
  • 2 culleres de postre de pimenton doce
  • 2 culleres de postre de pimenton picante
  • 1 culler de postre de sal
  • 1 culler de postre de curry[?]
  • 2 puñados de albafaca[?]
  • 2 puñados de ourego[?]

O método tradidional e facer masa de pan e logo extraer o almidon deixando o gluten, isto faise limpando a masa baixo un chorro de auga... a cantidade resultante é moi escasa e o tempo necesario moi alto. Podemos mercar direitamente o gluten e facelo nun plis...

Misturamos primeiro o gluten cas especias, logo botamos o aceite e misturamos de novo.  Botamos auga, misturamos ben (dependendo do tipo de gluten pode pedir máis)... nuns instantes xá temos a masa, temos que ter cuidado de non deixar partes secas. Poñemos a cocer durante 45 minutos con unhas follas de loureiro. 

Deixamos reposar a masa. Logo podemos fritir con allo, ou cocer con distintos tipos de salsas, por exemplo como preparamos nos: xuntando un pouco de salsa de tomate con  salsa caleidoskopioca.

Podese acompañar con cous-cous ou ensalada...

 

Average: 5 (5 votes)

pizza margarita

Ingredentes:

para a masa:

400g fariña triga integral
15g levadura cervexa[?] [+ info en arbore.org]
1 chorro aceite oliva
auga
1 culleriña sal

para a cuberta:

350g de tomates maduros pelados
1 cebola
1/2 vaso de olivas
ourego[?], pementa, albahaca[?]

behamel (un chorro aceite oliva, 4 culleradas fariña integral, 1 vaso de bebida soia ou máis segundo gosto espesor, levadura cervexa, noz moscada, sal)

 

preparación:

facer a masa disolvenso a levadura en auga tibia e misturar coa fariña, sal, aceite e a auga necesaria para formar unha masa elástica e homoxénea. Deixar repousar 20m nun lugar cálido.

Extender a masa cun grosor de 1/2 cm aprox. e colocar nunha bandexa aceitada, cubrir cos tomates pelados e cortados en rodaxas, salar e deixar repousar 15m.

Namentres elaborar a bechamel e pasados os 15m botala por riba dos tomates, a cebola picadiña e as olivas.

Metela no forno previamente quente a 250º durante 20m,transcorrido ese tempo sacala, condimentar e meter a gratinar 10m

 

Average: 5 (2 votes)

bulgur con figos

ingredentes:

1 1/2 vaso de bulgur[?] [+ info en arbore.org]
10 figos secos
7 dentes de allo
1/2 vaso de amédoas, avelás, noces...( o q prefiras)
especias: garam masala[?] ( cilantro[?], canela, pementa), non sei se ten algunha máis
aceite de oliva
sal


procedemeto:

Dorar o allo nun chorro de aceite, engadir as especias deixar un minuto q se frian. Botar o bulgur e remexendo deixalo tostar un pouquiño. seguidamente engadir os figos troceabos e 3 1/2 vasos de auga, deixar cocer a lume lento coa pota destapada.

Por outro lado mollar o froito seco elexido e tostalo. cando estea tostado cortalo e engadilo o bulgur.Cocer ata q se evapore a auga.

 

 

 

No votes yet



Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.