• warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.

galletas de algas

ingredentes:

400 g fariña triga
100 g fariña milla
4 culleradas de algas[?] picadas no moinillo( pode ser kombu[?], wakame,spaguetti...)
3 culleradas de sésamo[?]
1 cullerada linaza[?] moída
2 culleradas de trigo sarraceno[?]
un chorro de aceite oliva ou de pipa
1 culleriña sal

 

preparación:

misturar todos os ingredientes e engadir auga ata formar unha masa para pan q quede un pouco húmida. estirar a masa sobre superficie enfariñada de 1/2 cm de espesor ou menos, dar forma de galletas cun vaso ou o q teñas a man.Meter no forno previamente quente nunha fonte aceitada aproximadamente 10 minutos pero é mellor q as vaias revisando e darlles a volta.Se se tostan tamén quedarán ricas...(bueno depende do grao de carbonificación...ji) e probas coa seguinte fornada deixandoas máis crúas e tes dúas texturas diferentes.. tamén quedan moi ricas con sésamo por riba antes de metelas no forno.

se queres conservalas podes gardalas nun tarro de cristal hermético.

podes utilizalas de base para patés ou comelas asín, como gostes!

 

 

No votes yet

hamburguesas de avea

ingredentes: (sairían unhas 20 )

4 porros
4 cenouras medianas
1 ramiña de apio
1/4 de repolo pequeno
4 vasos de copos de avea[?]
pementa negra, pementón
sal, aceite oliva

se non tes repolo utiliza outra verdura, seguro q lle queda ben, a experimentar pues!!

 

preparación:

meter todos os ingredientes na picadora menos a avea , sal e especias.Con esas verduras ben picadas botalas nunha tixola cun chorriño de aceite de oliva e sal e deixar sofritir 15 minutos, un pouco antes de apagar o lume espolvorear con pementa negra e pimentón .

misturar as verduras coa avea remexendo ben cunha culler pau ou amasar un pouco coas mans ata obter unha masa compacta....e listo

darlle a forma de hamburguesa e facer a plancha para quentar e dorar suavemente, podes rebozalas con sésamo[?] tamén.

acompañar con verduras xa q chean bastante

Average: 5 (1 votar)

crema de chícharos

ingredentes:

2 porros
2 cebolas
1 rama apio
1 1/2 vaso de chícharos
1 culleriña estragón
aceite
sal


Procedemento:

picar os porros, as cebolas, o apio e botar nunha tarteira cun chorro de aceite e a sal. sofritir uns minutos ata que a cebola empece a dourarse, nese intre engadir os chćharos e cubrir con auga.

Deixar cocer a lume lento ata q os chícharos estean tiernos(15-20 minutos) no último intre condimentar lixeiramente co estragón deixar cocer uns minutos mais e apagar.

Average: 3 (2 votes)

Croquetas de Mijo [correxida!!]

Para duas ducias de croquetas:
1 vaso de mijo[?]
3 vasos de agua
6 dentes de allo
6 cenouras
1 cebola
tamari[?]
pan rallado
3 culleradas de fariña ou a necesaria ata que a masa ligue
1 culleriña pementa negra
1 culleriña noz moscada
1 culleriña curry[?]
sal
aceite de oliva

1. sofritir o allo moi picado, as cenouras, chorro de aceite e engadir as especias e salar o gusto. botar o mijo e as 3 tazas de auga e deixar cocer tapado ata que se evapore toda a auga.

2. cortar as cebolas moi pequenas e misturar co mijo cocido, a fariña e tamari.

3. deixar enfriar, darlle forma cocretas, rebozar en pan rallado e deixar enfriar na neveira media hora. Fritir en aceite quente.

Average: 5 (4 votes)

Cous-cous (para acompañar)

Ingredentes:

  • Graus de cous-cous[?] integrais (se non ficará moi pastoso)
  • Auga fervendo
  • Especias: tomelo ou curry[?]
  • Sal
  • Tamari (salsa de soia[?])

Preparación:

Colocamos unha medida de cous-cous nun recipente, botamos as especias o sal, e se temos un chorriño tamar, misturamos un pouco. Agardamos a ter auga fervendo, e botamos enriba (que cubra e un pouco máis, enredor a un 10% de máis do volumen do cous-cous). Tapamos e agardamos 5 minutitos... e listo!

Podemos tomalo xunto cun sofrito de verduras, unha ensalada, con falafel ...

Average: 4 (2 votes)



Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.