¿por que vegana?

VEGANISMO
O veganismo definese como a forma de vida que busca excluir, o mais posible, toda forma de explotación e crueldade cara os animais para alimento, vestimenta ou calquera outro uso. En termos dietéticos, refírese á práctica de eliminar “tódolos” productos animais incluindo a carne, o peixe, o polo, os ovos, as leites animais, a mel e tódolos seus derivados. Aborrece-las crueis prácticas inherentes á cría de gando e productos de granxa, é probablemente a razón mais común á hora de adopta-lo veganismo, pero moita xente faino tamén por razons de saúde, ecolóxicas, espiritua. is, etc

EXPLOTACIÓN ANIMAL
Unha absoluta maioría dos animais criados para ser convertidos en comida son tratados como unidades mecánicas de liñas de producción. Nas modernas economías de mercado, sen importar en absoluto a sua condición de ser sentinte, o animal é forzado a un ciclo de explotación tan abusivo que ata é habitual morrer antes de tempo. O obxetivo é conseguir a máxima cantidade de mercadoría ao mínimo custo. Esta é, probablemente, a maior das explotacións á que se lles somete. A recomendación mínima de "ser amables cos animais" esvaese aquí na sangue de varios billóns de mortos por ano. Para os productores, estes seres son coma os "animats", eses axentes simulados en ordenadores ou robots materiais, creados segundo os mecanismos de autonomía e adaptación dos animais verdadeiros. Pero nas granxas hai individuos reais, escravizados por unha das explotacións mais crueis que xenerou o ser humano. Tecnoloxía avanzada de por medio, este "progreso" destrúe toda posible relación de respeto e acercamento amable cos animais non humanos.

Primeiro, impónselles unha vida de sofremento, privacións, medo, stress, confinamento; quítaselles a posibilidade de moverse e expresar as súas preferencias ; hacínanse na situación paradoxica de impedir unha natural socialización cos da sua especie, a pesar de estar rodeado de milleiros deles. Castracións e cortes de pico sen anestesia, marcado a lume, manipulacións xenéticas para que produzan mais aínda que colapsen, hormonas para que crezan rápidamente, aire saturado de amoníaco convivencia co propio excremento. Se sobreviven, é porque este tipo de producción surxiu gracias ao descubrimento en 1920 das vitaminas A e D que supliron ó sol e ó exercicio, e dos antibióticos en 1940, os que, dados de xeito preventivo, sosteñen ao animal permanentemente exposto a enfermidades infecciosas orixinadas polo confinamento intensivo.
Segundo, rumbo ao matadoiro. Porque xa deron o peso de faena ou porque xa están "gastados" para seguir producindo leite ou ovos, o que ocurre moitísimo antes do que correspondería á sua vida de xeito natural. Destes campos de concentración que son as granxas industriais, ou dos poucos lugares nos que se crían ao aire libre (granxas familiares /productores orgánicos), saese en camións abarrotados rumbo á morte. Sen comida nen auga, hacinados, empurrados e axetreados pola viaxe, o medo failles dano como a calquera ser sentinte. O "encollemento" e a "febre do transporte" son dúas pistas seguras para medir ese sofremento.
Terceiro, a morte. No matadoiro os animais ulen e miran as matanzas dos que os preceden, escoitan os seus berros. A tarefa é realizada polos humanos. Precísase un grao de violencia para face-lo. Todolos métodos de aturdimento previo -se é que se usan- son calificados como problemáticos para desvaecer aos animais, que na grande maioría dos casos están conscientes cando se cortan as suas iugulares, moitas veces colgados boca abaixo dunha pata. E, ainda que realmente houbera unha morte indolora, a morte supón a meirande privación para o animal, a da sua vida.



Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.