galletas

  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1388.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.

GALLETAS, rica e fácil de facer

200 g fariña

100 g margarina 

50 g azucre (para as moi doces: 80 - 100 g)

 

de:...

1. avelás, noces, améndoas

2. cacao: 40-50 g

3. limón ou laranxa: raiadura 1 pezas

4. canela: 1-2 culleradas pequenas do café.

5. de creación propia: experimenta e fainas do sabor que máis che guste!! canela-limón; cacao-froitos secos, etc.

 

ELABORACIÓN:

 

Fundimos a margarina nun cazo. Engadímola ó azucre nun recipiente grande e remexemos ata que queden ben misturados.

Trituramos as avelás, noces ou améndoas sen que queden feitas pó (que queden en trociños ben pequenos). Engadímolas á mistura de azucre e margarina e remexemos todo ben. No caso de facer as bolachas de cacao, canela, limón ou laranxa, engadímolo tamén no azucre e na margarina, remexendo ben de xeito que non queden grumos.

Finalmente, engadimos a fariña ós poucos para que se misture ben co resto de ingredientes. Cando a masa comece a endurecer, amasamos coas mans (sempre limpas!!) ata que quede unha masa compacta.

Deixamos a masa en repouso na neveira 1h. 

Despois deste tempo, encendémolo forno a 200º, que queza por enriba e por baixo.

E comezamos a darlle forma ás bolachas...

 

Para facer as bolachas:

Mentras quece o forno, collemos un pouco de masa e facemos unha bóla con ela. Esmagámola ata que colla o grosor que queiramos. Podemos darlle forma coas mans ó noso gusto ou recortalas coa forma dun molde, no seu defecto cun vaso ou plato.

Colocamos as bolachas sobre un papel de forno que previamente dispuxemos na bandexa. Pódese engrasar a bandexa con aceite de xirasol ou margarina, pero co papel é máis difícil que se pegue ó fondo da bandexa. 

 

Decoración (opciopnal):

Idea. Cunha culler cubrimos o centro da bolacha cunha pouca marmelada (para as de cacao, quédalle ben a de laranxa; para as de froitos secos, a de mora, fresa, froitas do bosque, etc; para as de limón, coco ralado; para as de canela, a de limón). Podemos decoralas tamén con sementes de mapoula[?], sésamo[?], coco ralado, avea[?], etc. 

 

Tempo de cocción:

Colocamos as bolachas na bandexa un pouco separadas unhas das outras e metémolas no forno aproximadamente 20 minutos (en función do forno, as bolachas poden estar listas en 15 ou 25 minutos, nunca máis de 30 minutos senón quedarán moi duras). Podemos abrir sen medo o forno logo de 15 minutos para comprobar se están feitas. Teñen que estar consistentes (nin brandas nin duras) e un pouco douradas na base.

 

Xa queda menos...

Deixar enfriar aproximadamente 1-2 h (nunca unhas enriba das outras senón se pegará a marmelada ó cú doutra bolacha)

e... ñam

que as disfruten!!!

 

 

Average: 4 (2 votes)

galletas de algas

ingredentes:

400 g fariña triga
100 g fariña milla
4 culleradas de algas[?] picadas no moinillo( pode ser kombu[?], wakame,spaguetti...)
3 culleradas de sésamo[?]
1 cullerada linaza[?] moída
2 culleradas de trigo sarraceno[?]
un chorro de aceite oliva ou de pipa
1 culleriña sal

 

preparación:

misturar todos os ingredientes e engadir auga ata formar unha masa para pan q quede un pouco húmida. estirar a masa sobre superficie enfariñada de 1/2 cm de espesor ou menos, dar forma de galletas cun vaso ou o q teñas a man.Meter no forno previamente quente nunha fonte aceitada aproximadamente 10 minutos pero é mellor q as vaias revisando e darlles a volta.Se se tostan tamén quedarán ricas...(bueno depende do grao de carbonificación...ji) e probas coa seguinte fornada deixandoas máis crúas e tes dúas texturas diferentes.. tamén quedan moi ricas con sésamo por riba antes de metelas no forno.

se queres conservalas podes gardalas nun tarro de cristal hermético.

podes utilizalas de base para patés ou comelas asín, como gostes!

 

 

No votes yet

Galletas de Algarroba

Ingredientes:
- 200g de fariña integral de trigo.
- 200g de copos de avea[?] picados.
- 200g de algarroba en po.
- 200g de zucre de caña integral.
- 300ml de bebida de soia(“leite de soia”).
- 150ml de aceite de xirasol.
- Unha pizca de canela.
- Unha pizca de gengibre[?].
- Unha pizca de sal.
- Unha pizca de bicarbonato.

Preparación:
Misturamos a fariña cos copos, o sal e o bicarbonato nun recipiente.
Noutro recipiente misturamos a algarroba coa canela, o gengibre e o zucre. Engadimos neste recipiente pouco a pouco a bebida de soia templada e mistiramos.
Engadimos pouco a pouco a outra mistura ate obter unha masa manexable.
Coas mans enfariñadas imos facendo galletas de medio cm de grosor e de 5cm de diámetro.
Colocamos a galletas sobre unha bandexa e metemos 15 min no forno a 200ºC

Average: 4.5 (2 votes)



Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.