fariña millo

  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/modules/taxonomy/taxonomy.module on line 1388.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/fivestar/fivestar.module on line 797.

galletas de algas

ingredentes:

400 g fariña triga
100 g fariña milla
4 culleradas de algas[?] picadas no moinillo( pode ser kombu[?], wakame,spaguetti...)
3 culleradas de sésamo[?]
1 cullerada linaza[?] moída
2 culleradas de trigo sarraceno[?]
un chorro de aceite oliva ou de pipa
1 culleriña sal

 

preparación:

misturar todos os ingredientes e engadir auga ata formar unha masa para pan q quede un pouco húmida. estirar a masa sobre superficie enfariñada de 1/2 cm de espesor ou menos, dar forma de galletas cun vaso ou o q teñas a man.Meter no forno previamente quente nunha fonte aceitada aproximadamente 10 minutos pero é mellor q as vaias revisando e darlles a volta.Se se tostan tamén quedarán ricas...(bueno depende do grao de carbonificación...ji) e probas coa seguinte fornada deixandoas máis crúas e tes dúas texturas diferentes.. tamén quedan moi ricas con sésamo por riba antes de metelas no forno.

se queres conservalas podes gardalas nun tarro de cristal hermético.

podes utilizalas de base para patés ou comelas asín, como gostes!

 

 

No votes yet



Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.